270 deportistas con capacidades diferentes participan en Burela nos XXII Xogos Autonómicos de Baloncesto

270 deportistas con diversidade funcional intelectual participaron este sábado en Burela nos XXII Xogos Autonómicos de Baloncesto, que se celebraron no Pavillón Municipal de Vista Alegre, organizados por Special Olympics Galicia coa colaboración do Goberno da Deputación. O Executivo Provincial realiza unha achega anual de 8.000 euros para promover diferentes actividades, coas que fomentar a igualdade e a plena integración de persoas con capacidades diferentes a través do deporte.

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, participou no evento, que reuniu a 19 asociacións de toda Galicia, 7 delas da provincia: Eu Son (Burela), Aspnais (Lugo), CAPD Sarria, Aspanane (Viveiro), San Pablo e San Lázaro (Mondoñedo), San Vicente (Lugo) e Prodeme (Monforte).

López Izquierdo destacou que “este tipo de iniciativas son fundamentais para eliminar barreiras e prexuízos, que son os que realmente entorpecen a total integración, ademais de dar visibilidade ás grandes capacidades coas que contan estes deportistas. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con Special Olympics neste dobre obxectivo, pois estamos comprometidos coa plena igualdade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com