Feijóo avanza en Burela que o Plan Director do Hospital da Costa faráo máis competitivo

O presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe en Burela que “a ampliación fará realidade un Hospital da Costa máis moderno e accesible para os pacientes e para os profesionais, con máis camas e un novo espazo ambulatorio . Será un hospital máis cómodo para traballar e para asistencia sanitaria; máis grande e con maior confort e máis accesible”, asegurou.

Durante o acto de presentación do Plan Director do hospital, Feijóo explicou máis polo miúdo que: na área de hospitalización, crearanse 24 novas habitacións e remodelaranse outras 30; na área de consultas externas, construirase un novo espazo ambulatorio que deixará espazo libre para futuras actuacións no centro; na área ambulatoria estableceranse novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor e, crearase un hospital de día médico para complementar o cirúrxico e o de diálise.

“En definitiva imos licitar esta ampliación este ano 2015, cun investimento inicial de 14 millóns de euros co obxectivo de acadar un Hospital da Costa que prestará unha mellor atención aos seus pacientes e que será un lugar de traballo máis agradable para os profesionais”.

Logo de salientar que estas obras compleméntanse coa mellora dos centros de atención primaria de Mondoñedo, Ribadeo, Xove e O Valadouro, Feijóo destacou “o compromiso e o traballo dos profesionais do Sergas que fixeron posible que dende 2009 ata o 2014, no Hospital da Costa a espera cirúrxica global se reducise un 40%, pasando de case 100 días a menos de 60.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com