Unha muller resultou ferida esta mañá en Viveiro despois de chocar o vehículo que conducía contra un camión.
O accidente ocorreu sobre as 09:30 horas en Covas, concretamente, na curva de Escourido. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Viveiro, tras ser alertados polo 112 Galicia. Unha vez no punto, os membros do parque comarcal indicaron que foi preciso sacar á muller pola parte dianteira do vehículo, debido aos danos causados. Así, unha vez liberada, a muller, foi trasladada polo persoal sanitario a un centro hospitalario da localidade.