O PP lamenta a intención de Campos de “facer que traballa” a semana na que se ausenta

O Grupo Provincial do PP lamenta a intención do presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, de “facer que traballa pola provincia a semana na que oficialmente se ausenta da Deputación”. Mentres Darío Campos oficializaba que non estaría na provincia, mediante unha publicación no BOP, e segundo denuncian os populares, desde a institución seguiron enviando informacións á prensa con imaxes feitas con anterioridade para dar unha imaxe de visitas que non se corresponde coa realidade, “é dicir, falsearon a realidade”.

Así, na propia web da Deputación poden verse a día de hoxe dúas visitas, unha delas a Láncara e outra á Pontenova, do día 31 de outubro, e outras dúas do día 7 de novembro a Láncara e Ribeira de Piquín. Pode comprobarse como as fotografías que acompañan ás informacións de Láncara foron feitas o mesmo día e distribuídas con posterioridade, posto que Campos non se atopaba na provincia, como a mesma Deputación indicou a través da publicación no BOP. Desde o PP critican que a Deputación trate de simular unha actividade que non existiu para enmascarar a ausencia do presidente.

Os populares lamentan este “intento de engano” por parte dos socialistas, xusto na semana previa á presentación dos Presupostos. “Non só tratan de enganar aos medios de comunicación enviando visitas que se produciron noutros momentos, senón que intentan enganar a toda a cidadanía, posto que eses días o presidente, oficialmente, nin tan sequera se atopaba en Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com