O senador por Lugo –Ricardo Varela- e o secretario Provincial e deputado autonómico –Juan Carlos González Santín- anunciaron este mércores unha serie de medidas coas que o Partido Socialista volverá a pedir ao Goberno Central que cumpra os compromisos asumidos coa Estación Intermodal de Lugo e a chegada do AVE á provincia. A primeira delas consiste na elaboración do documento de apoio “Lugo quere AVE”, que buscará o apoio de todos os grupos políticos, así como o de todas as institucións -Concello, Deputación e Xunta-, ademais das principais forzas sindicais, da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios Lucense (CEL) e mesmo da Federación de Veciños, para ser posteriormente remitido á ministra de Fomento. Así mesmo, o Grupo do PSOE na Cámara Alta tamén presentará unha moción para que o Executivo estatal inclúa nos seus Orzamentos unha partida extraordinaria de 6 millóns de euros, destinada á construción da primeira fase da Intermodal.
As peticións dos socialistas xurden dada a situación tan deplorable na que se atopa a actual estación e logo de que, nos últimos días, a administración estatal, que en 2012 xa suspendeu o contrato da nova infraestrutura que deixara encamiñada o PSOE.
A actual estación, subliñou, “é terceiromundista, está obsoleta e é inservible”. “É a estación máis cutre de todas as capitais de provincia de España. Os medios cualificárona de apeadeiro.
Por este motivo, Varela tamén anunciou que volverá a insistir na pregunta formulada hai uns días, na que solicitaba unha resposta ao Goberno de Rajoy se o que quere é deixar á provincia de Lugo sen o servizo de Alta Velocidade.
Este é “o primeiro paso” da intensa campaña que liderarán os socialistas. No caso de que Fomento continúe na mesma senda, non descartan outro tipo de mobilizacións.