Empresarios lucenses fórmanse en venda con Amazon e Alibaba na CEL

Unha vintena de representantes de empresas déronse cita hoxe na Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para informarse sobre a venda e exportación a través dos maketplaces das plataformas Amazon e Alibaba nun taller práctico organizado pola organización empresarial lucense no marco do proxecto Internovamarket Food, que conta con financiamento europeo.

O taller, que foi impartido por Andrés Vicente  García, Project Manager de eBusiness&Márketing Internacional de Inycom, multinacional que de solucións e servizos tecnolóxicos e dixitais, buscaba ofrecer unha visión práctica dos mercados electrónicos como ferramenta de márketing e vendas, chamando a atención sobre aqueles aspectos que teñen que coidar os empresarios para ter éxito en canles como Amazon ou Alibaba, non exentos de complexidade.

Entre outras, analizáronse cuestións como tipoloxía de marketplaces e modelos de negocio relacionados; claves e modelos para vender e exportar no marketplaces de Amazon; o mercado electrónico B2B de Alibaba e vantaxes de ser gold supplier ou outras canles estratéxicas alternativas aos marketplaces líderes.

A CEL organizou este workshop informativo tendo en conta que os  marketplaces consolídanse como tendencia en mercados electrónicos e concentran gran parte do negocio do comercio electrónico. Amazon e Alibaba son as  plataformas globais por excelencia e coñecer os seus escenarios dixitais, modelos de negocio e principais  características, é clave estratéxica de competitividade global para as empresas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com