Animalistas denuncian incumprimento da normativa nun zoo lugués

A Asociación Animalista Libera considera que a “estraña desaparición” dun lémur dun coñecido zoo da comarca de Lugo e coñecida o pasado día 10, podería tratarse dunha conduta sancionable en base á Lei de 31/2003, do 27 de outubro, de conservación da fauna silvestre nos parques zoolóxicos.

Os animalistas sinalan que “a liberación non autorizada, neglixente ou intencionada, dos animais” está tipificada como infracción de carácter grave, con sancións de ata 60.100 euros, ao que se poderían sumar outras potenciais irregularidades como a carencia ou insuficiencia dos medios materiais necesarios para previr este tipo de circunstancias nun recinto onde existen animais en condicións de catividade.

O colectivo tamén criticou a pervivencia de lugares que, baixo unha aparencia de centros de conservación, fan negocio co mantemento de especies silvestres en situacións anómalas, e sobre as que non existen programas reais de conservación, senón unicamente as mesmas que noutros recintos similares do territorio español. Neste sentido os defensores dos animais mencionan o programa ZOOXXI, impulsado xunto á Fundación Franz Weber e que trata de reformular os parques en verdadeiros Centros de Recuperación, con accións conservacionistas sobre o terreo, programas educativos reais e o traslado daqueles animais que sexa posible recolocar en Santuarios especializados.

ZOOXXI é a alternativa que estas entidades buscan para acabar co modelo de negocio dos zoos que, como en Outeiro de Rei, nada teñen que ver coa defensa ou conservación, senón máis ben con cobrar entradas para ver caricaturas de seres vivos en hábitats taxados e artificiais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com