Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan un acto, para o vindeiro 17 de novembro, no que o gaiteiro Raúl Galego será nomeado Chairego de Honra 2018. A actividade, na que estará presente o galardoado, terá lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, ás 12:00 horas.
Neñl, intervirán Mero Iglesias, Xulio Xiz, David Otero, Alfonso Blanco, Xurxo Souto e o propio Raúl Galego. Poñerá música ó acto o grupo Millo Verde. E, de seguido, haberá un xantar de irmandade no restaurante O Lanzós, para apuntarse chamar ó teléfono 646413890.