O Alcalde de Lugo, José López Orozoco e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, acompañados de técnicos municipais visitaron o segundo tramo das obras de abastecemento e pavimentación que se está realizando na Ronda de Fontiñas.
As obras que teñen un orzamento de adxudicación de 371.149 euros supón a mellora da rede de abastecemento na que se cambiarán as tuberias de fibrocemento que presentaban avarías por tuberías de fundición. Ademais o pavimento de Ronda das Fontiñas presentaba un importante deterioro, sendo a zona máis afectada a calzada dereita en dirección Avda. de Madrid, no tramo comprendido entre Carril de Caiñós e rúa San Xillao, ademais dos deterioros superficiais do firme e algún afundimento que quedarán subsanados con estas obras.
O Alcalde tamén explicou que as obras “renovarán a rede de abastecemento na beirarrúa dereita de Ronda das Fontiñas no tramo comprendido entre Carril de Caiñós e rúa San Xillao.