A Delegación da
Xunta en Madrid, a Casa de Galicia e GaliciaDigital convidan mañá, xoves 15 de novembro, ás 19:30 horas,
na Casa de Galicia da capital do Estado, á presentación do libro Todos tenemos un muerto, de Francisco Javier Neira Pampín, evento no que intervirán os xornalistas, Xulio Xiz e Francisco Rivera Cela así como o propio autor do libro.
Esta é a cuarta novela do autor, prestixioso urólogo nado en Compostela, fincado en Lugo desde o comezo da súa carreira. Unha novela policiaca con grandes toques de humor a de Neira Pampín que tivo un gran éxito coa novela El Quijote de madera, y, el año pasado publicó su obra El sabor amargo de la fruta madura, co que tamén colleitou grandes críticas.