Ourol presume dun renovado pavillón polideportivo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Ourol, José Luís Pajón Camba, supervisou este mércores os traballos de mellora en accesos e no pavillón municipal de Ourol, que non se acondicionaba dende hai 20 anos. Campos Conde decidiu colaborar nesta iniciativa porque así llo solicitou o rexedor municipal, quen lle  trasladou a necesidade de executar obras de melloras nestas dotacións públicas, que non foron rehabilitados dende a súa construción no ano 1999.

O Presidente apuntou que “apostamos pola promoción do deporte como un hábito de vida saudable. De feito, somos a 1ª Deputación de Galicia e na 3ª de España que máis inviste en deporte por habitante e somos a institución que máis inviste en deporte na nosa provincia”.

O pavillón polideportivo municipal é unha infraestrutura que empregan os deportistas do equipo de fútbol Sala SD Ourol, no que ademais de adestrar, realizan en semana santa, o campionato de fútbol sala. Tamén acolle a campionato de loita de brazos, unha proba deportiva na que participaron ducias de persoas chegadas de diferentes puntos da comunidade, e é o lugar no que se realiza o campamento de verán, no que participan cada ano uns 20 nenos.

As actuacións consistiron na mellora con aglomerado en quente da vía de acceso a esta instalación municipal e a dotación de novas beirarrúas, coa fin de garantir a seguridade, tanto dos coches como dos peóns. Por dentro, as obras consistiron na rehabilitación integral da pista multideportiva, que se dotou dunha nova capa de pintura acrílica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com