Todo preparado para o Concerto de Santa Icía da Asociación Banda de Música de Vilalba

A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba convida a toda a veciñanza a participar este sábado, 17 de novembro dende as 20.30 horas, no seu xa tradicional Concerto de Santa Icía. O evento, organizado pola propia asociación, terá lugar no Auditorio Municial Carmen Estévez de Vilalba e con entrada libre e gratuita.

Este ano, o repertorio escollido para esta xornada musical é altamente sorprendente xa que a asociación centrouse nas Bandas Sonoras máis coñecidas do cine de todos os tempos. Así, quen acoda a gozar destes músicos rememorará filmes como o de O Señor dos Aneis, Robin Hood, Gladiator, Casablanca, Misión Imposible, James Bond e Piratas do Caribe, entre outras moitas sorpresas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com