Medio Ambiente inicia a eliminación de dous vertedoiros incontrolados en Castro de Rei

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia hoxe os traballos para a eliminación de dous puntos de vertido incontrolado (PVI) no Concello de Castro de Rei cun custo estimado de case 30.000 euros. Esta nova actuación forma parte dunha campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van acumulando residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que isto ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético.

Neste caso, os puntos sobre o que se intervirá localízase concretamente no lugar de Os Outeiros e Ludrio. Os traballos consistirán na recollida, clasificación e retirada do material acumulado nesta zona e que, a primeira vista e sen prexuízo do que se poida atopar conforme avance a actuación, consiste basicamente en residuos procedentes da construción e demolición, plásticos, pneumáticos fóra de uso, voluminosos e aparellos eléctricos e electrónicos. Así mesmo, tamén se traballará na revexetación dos solos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira.

Coa limpeza dos puntos de vertido incontrolado perséguese minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados polos vertidos incontrolados, logrando a integración do lugar coa súa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com