Lugo acollerá o día 24 as xornadas sobre porco celta de maior entidade de Galicia

A Alcaldesa, Lara Méndez, xunto á deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, o delegado da Xunta na provincia, Xosé Manuel Balseiro, e o Presidente de ASOPORCEL, José Barreira Alonso, participou este xoves na presentación da II Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, que terá lugar o 24 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Ademais de agradecer que a cidade acolla as xornadas sobre porco celta máis importantes de Galicia, Méndez puxo en valor o traballo e esforzo da actual directiva de ASOPORCEL, que contribuíu de forma determinante a abrir a nova  etapa de pleno crecemento que está a vivir a crianza e comercialización de porco celta, sendo hoxe un producto de calidade moi demandado no mercado nacional e internacional, o que abre novas posibilidades de creación de emprego no rural. Neste senso, a Alcaldesa destacou as medidas adoptadas polo seu Goberno para a dinamización socioeconómica do rural e, polo tanto para fixar poboación, como o investimento de 4M€ no que vai de mandato na dotación e mellora de servizos e infraestruturas nas 54 parroquias lucenses, vantaxes fiscais, como a  bonificación máxima, do 95%, da cota íntegra do IBI das explotacións vinculadas co sector primario e a rebaixa do 50% do ICIO nas licenzas de explotacións agrodandeiras e forestais, ou a posta en marcha da oficina de atención do rural, que ofrece información e asesoramento gratuítos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com