Unha muller perdeu a vida esta tarde ao ser atropelada por un camión no termo municipal de Pol. Os feitos ocorreron na N-640, á altura do punto quilométrico 65.
O 112 Galicia tivo constancia do atropelo a través do 061-Urxencias Sanitarias e, nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención da Garda Civil de Tráfico, do GES da Pontenova e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol.
Xa no lugar do atropelo, os efectivos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa.