Pablo López pecha mañá en Lugo o Son do Camiño

O concerto de Pablo López pechará mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a programación de O Son do Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021.

A delegación territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación desta cita, prevista para as 21.00 horas. O recinto ten aforo para 2.500 persoas e foron vendidas ata o de agora máis do 90% das entradas.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, destacou que “a actuación do intérprete e compositor na nosa cidade convértese nun evento cultural de primeiro nivel, como tamén o é este artista”. A de mañá é a última das seis citas musicais que completaron este outono a programación de O Son do Camiño, nas que a Administración autonómica participa como patrocinador principal.

Na presentación participaron o xefe territorial en Lugo da Consellería de Presidencia, Ramón Carballo; a responsable de Cultura, María José Gómez, e Iria Quelle, integrante do equipo promotor do festival O Son do Camiño. Quelle destacou que o concerto terá lugar nun formato a modo de teatro, “no que os asistentes poderán gozar da paixón e sensibilidade” do intérprete, apuntou.

Despois de que o festival O Son do Camiño tivera lugar en Santiago de Compostela, a programación ampliouse cun cartel protagonizado por recoñecidos artistas nacionais e internacionais que actuaron noutras seis cidades galegas, situadas en diversos itinerarios xacobeos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com