A Deputación abre o mércores o prazo de inscripción para o Lugo Termal

O mércores, 21 de novembro, abrirá o prazo de solicitude para participar no Lugo Termal da Deputación. Así o informou a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, que explicou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno, as bases para a selección dos usuarios que serán publicadas no BOP a vindeira semana, previamente á apertura das inscricións.

López Izquierdo informou que nesta convocatoria o Goberno decidiu duplicar o número de prazas do Lugo Termal, o que permitirá ofrecer descontos en tratamentos termais nos balnearios da provincia a case 1.200 veciños nos Balnearios Termas de Lugo, Augas Santas, en Pantón e Rio Pambre, Palas de Rei. Poderán facelo lucenses maiores de 55 empadroados en calquera dos Concellos da provincia de Lugo.

Os paquetes nos que se ofrecerán descontos son os seguintes: consisten en 6 días e 5 noites, con entrada o domingo e saída o venres, pensión completa, 1 recoñecemento médico, de 15 a 20 técnicas termais e actividades socioculturais. O custo é de 190 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.

Prazas subvencionadas sen estancia, un paquete que inclúe de 30 a 40 técnicas termais durante 10 días, sendo 3 técnicas ao día; e un recoñecemento médico. O prezo neste caso é de 200 euros en total, grazas aos descontos que ofrece o Goberno da Deputación.

O Lugo Termal 2017 ofrece atención especializada ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos termais; así como programas específicos a persoas con discapacidades física, psíquica ou sensorial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com