Dúas persoas, inconscientes a causa dunha acumulación de monóxido de carbono na súa vivenda en Monforte

Dúas persoas foron evacuadas en estado grave a causa dunha intoxicación por acumulación de monóxido de carbono no interior da súa vivenda.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o suceso produciuse ás 20:15 horas de onte nunha casa da Avenida da Florida, en Monforte. Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, que atopou aos dous ocupantes da vivenda inconscientes. Por iso, foron evacuados de inmedianto ao centro hospitalario de referencia.

Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Monforte, que tras unha inspección no interior da casa, comprobaron a que acumulación de gases produciuse pola mala combustión dunha cociña de carbón. Nestas tarefas colaboraron, ademais, os axentes da Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com