O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, e o Concelleiro, Horacio Rouco Ferro, xunto a outras autoridades participaron este sábado na saída do X Rally Comarca da Ulloa, que conta co principal patrocinio do Executivo Provincial. Máis de 70 pilotos percorreron o sur da provincia ao longo da xornada.
O Goberno Provincial decidiu colaborar con esta proba cunha achega de 24.000 euros, consolidando á institución provincial como a principal colaboradora destas citas automobilísticas da provincia. Pola súa banda, a Xunta de Galicia, administración galega coas competencias directas en deportes, aportou 7.000 euros.
Os participantes recorreron 266 quilómetros que discorreron polos concellos de Monterroso, Palas de Rei e Melide. A proba, última do Campionato Galego de Rallys de Asfalto, reuniu a centos de afeccionados que desfrutaron deste evento deportivo de primeiro nivel. Cómpre subliñar que o Goberno converteu á Deputación na principal colaboradora de todas as citas automobilísticas da provincia de Lugo: o Rally da Ulloa, o Rally San Froilán ou as Subidas a Chantada e á Pontenova. De feito, a de Lugo é a primeira institución en España que ofrece axudas directas aos pilotos de rally, dotadas de 45.000 euros.