O candidato á alcaldía do PP de Lugo xunto coa Presidenta Provincial e outros cargos do Partido repartiron hoxe, tanto na plaza de abastos como nas súas inmediacións, centos de exemplares dunha publicación titulada Lugo en Marcha e que abre esta edición cunha foto do candidato baixo o titular Ramón Carballo marca o paso.
“A escolla do título Lugo en marcha xa nos da unha pista do seu contido” explicou alcaldable do PP. Ramón Carballo invita aos lucenses a reflexionar sobre o momento que vivimos “é un momento decisivo: os gobernos socialistas que estiveron 20 anos ao fronte do Concello non conseguiron desenvolver, nin completar, un proxecto para Lugo. Por iso, é hora de impulsar outra forma de facer política”.
Na carta aberta do candidato, ademáis de presentarse coma un lucense máis e botar unha mirada, en primeira persoa, da súa traxectoria humana e política, invita aos lucenses a participar nun programa de futuro para Lugo “un Lugo que pode ser o que ti queiras” resume.
Nas 12 páxinas desta publicación inclúense unha variedade de contidos “empezando por unha plana con catro propostas de redes sociais e unha tira de humor na que se describe o caos de tráfico que hai na cidade; tamén relatamos con exemplos os catro anos de parálise e déficit de xestión deste mandato de Lara Méndez e presentamos unha análise das grandes necesidades que afronta Lugo no máis inmediato”.
Nas páxinas interiores Ramón Carballo ponse no papel do xornalista e entrevista ao Presidente do PP de G, Alberto Núñez Feijóo, sobre os investimentos da Xunta na cidade e a actual situación política do municipio. Outro dos contidos destacados ten que ver coa pegada visual dos actos desenvoltos este trimestre “empezando pola crónica do acto de presentación do candidato á alcaldía o pasado 14 de setembro de 2018, e seguindo polas imaxes das reunións sectoriais, visitas a barrios e parroquias para coñecer as preocupacións e necesidades dos veciños, participando en campañas de concienciación para eliminar barreiras arquitectónicas e tamén na multitudinaria pulpada do San Froilán con simpatizantes”.
A contraportada do xornal é un guiño aos afiliados do partido popular de Lugo a través da experiencia dunha afiliada. A visión de Asunción Núñez é a da entrega e a da fidelidade que caracteriza aos militantes de base. Tal e como recoñece esta muller que leva 25 anos no partido “cando se consiguen melloras para os barrios, esas pequenas contribucións nos animaban a traballar máis”.
Ramón Carballo explicou que o xornal Lugo en marcha é unha acción máis dentro da planificación do traballo desta precampaña electoral “o reparto deste xornal permítennos entablar unha conversación directa cos veciños, é un instrumento máis para seguir en contacto permanente cos cidadáns”.