Fin de semana complicado para o Emevé

Tras a dura derrota da fin de semana pasada na cancha local para as féminas do Emevé, as pupilas de Jose Valle viaxan a Logroño para medirse ao líder desta liga, que non perdeu nin un set nas seis xornadas disputadas ata o momento. O Minis de Arluy VB Logroño é un dos equipos top que vén de gañar a Supercopa de España e a Copa de XLIII SM La Reina no anterior ano. As lucenses saben que van sufrir neste partido, e que o seu xogo ten que ser constante para poder rascar algún punto para casa. O sábado disputarase o partido no Pavillón Municipal de Lobete ás 18:00 horas, un gran encontro onde as lucenses loitarán para dar o mellor de si mesmas e do seu xogo.

O probable septeto titular: María Sanjurjo, Laura Villasante, Irene Yáñez, Natalia Aispurúa, Lucía Prol, Tea Andri’c e Eliana González (Líbero). Como reservas: Alba Pizarro, Carmen Saa, Julia Paradela, María Aguiar e Aitana Fernández.

A outra cara da moeda téñena os mozos de Diego Taboada. Líderes invictos nesta tempada, viaxan a Cáceres co obxectivo de non ceder nin un set na súa marcadora, para afianzar aínda máis a súa primeira posición na liga. O sábado o partido disputarase no Pavillón Teodoro Casado ás 18:00 horas, contra o equipo local Estremadura Cáceres PH que se atopa nestes momentos a metade da táboa en sexta posición, gañando 3 partidos e perdendo  outros 3. Os lucenses van demostrar o seu bo xogo e facer tolear aos estremeños.

O equipo titular pode ser: Pablo Villar, Pedro Sánchez, Anass Anzaui, Manuel Blanco, Victor Bouza, Chema Giménez e Mario Dovale (Líbero). Como reservas: Adrián García, Antonio Mondejar, Rubén López, Jordi Herrero e Guillermo Avendaño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com