O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que mañá venres o Executivo da Deputación aprobará na Xunta de Goberno destinar 200.000 euros á dotación dun total de 82 marquesiñas nos 67 Concellos. Situaranse ao longo da rede viaria provincial, que é a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros.
Campos Conde explicou que a distribución das marquesiñas por municipio se fai en base a un parámetro totalmente obxectivos: o número de quilómetros de vías provinciais que discorren por cada un dos Concellos. Deste xeito, os municipios con máis de 80 quilómetros poderán instalar 2 marquesiñas e os de menos de 80 quilómetros contarán con 1. Son 15 Concellos os que superan dito número de quilómetros e 52 os que non.
O Presidente explicou que mañá se iniciará o proceso de contratación para a adquisición e instalación das marquesiñas. Adxudicados estes traballos, os municipios deberán sumarse a esta programación e solicitar estas estruturas. Isto acontecerá, previsiblemente, tendo en conta os prazos legais de contratación, a partires de xaneiro.