As novas de máis de preto

En tempos, a información local era a máis importante. Antes, fóra a única. Pero desde que a liberdade informativa se foi establecendo, o local afianzouse e colleu valor, potenciándose a información cultural, económica, política, de xeito que o local era unha unidade en si, un todo.

Supoño que foi daquela cando se aceptou que o local era o máis importante, sendo o desiderátum cando unha noticia ou un tema local ascendía á categoría xeral, universalizándose. E durante un tempo floreceron os medios informativos locais, establecéndose distancias entre a información local e provincial coa galega e máis coa nacional, que parecía e estaba moi distante.

E sen embargo, quizais tamén por culpa da crise, a información local quedou contida e potenciouse a nacional, non así a galega, parcelada polos límites provinciais. Pero a desaparición dos medios locales –as televisións locais hoxe son só un recordo-, concentración de outros e potenciación da información xeral, mudou radicalmente o panorama informativo.

E así as primeiras noticias que recibimos son as trifulcas dos grandes partidos, os xuizos por corrupción, a chegada de pateiras, a República catalana ou os orzamentos do Estado que non se sabe se van ser posibles. Mesmo os medios autonómicos atenden de xeito especial ás noticias nacionais, como se esas noticias non tiveran medios de ámbito nacional que se ocupen delas.

Como non hai nada inocente nas cousas públicas, hai que pensar que nas altas esferas teñen interése en que prestemos atención aos temas xerais e algo menos aos que nos tocan de preto que resultan ser os que máis nos afectan e máis nos interesan.

Porque o que máis nos interesa son as comunicacións, as rúas, as pavimentacións, os precios dos productos de primeira necesidade, o fomento das producións do rural e da industria local, a desertización do rural, a falta de postos de traballo… e así unha infinidade de temas vitais para a nosa xente, que só nos preocupan en Galicia, dos que o goberno nacional non entende, porque somos unha esquina extraña que habitualmente non da problemas, polo que non hai que preocuparse. E así nos vai.

Ata que volvamos a valorar o local, potenciando o noso, que ten que ser a nosa maior preocupación, aínda que moi arriba non interese.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com