Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O Partido Popular propón convertir en bidireccional o último tramo de infanta Elena

O Grupo Municipal do Partido Popular propón que se acometan as actuacións necesarias, para que no tramo que comunica a rotonda da rúa Monforte coa futura glorieta de Paradai, na Avenida Infanta Elena, se poda circular en ambas direccións.
Con este plan integral de reorganización do tráfico, que englobaría ademais desta petición a mellora do pavimento, así como a sinalización adecuada na praza de Conde de Fontao e o redeseño da incorporación do cruce de Fontiñas á altura do cruce de San Eufrasio, gañariase segundo os populares en comodidade e seguridade tanto para os conductores como para os peóns.

O concelleiro popular Antonio Ameijide explicou que hai que planificar e anticiparse aos problemas “tendo en conta que nun breve prazo, funcionará a nova rotonda de Paradai coa confluencia con Infanta Elena, prevendose un aumento de tráfico rodado polo que é de sentido común facer uns cambios na circulación nesta zona”.

O concelleiro popular indicou que “neste momento dende a glorieta da rúa Monforte non se pode acceder de forma directa a este nudo de Infanta Elena con Paradai e os conductores vense obrigados a coller a rúa Río Sil”. O cambio que propón o Partido Popular “é moi simple e ten un mínimo custe” puntualizando que “se trata de facer bidireccional o último tramo de Infanta Elena para que os conductores que cheguen á rúa Monfote e para isó só é necesario realizar unha pequena modificación do illote que da glorieta da rúa Monforte”.

Con esta actuación non só se gañaría á hora de mellorar a fluidez do tráfico senón que reducirían os problemas de seguridade vial que hai na zona e que os veciños veñen denunciando dende hai tempo. “Neste momento o cruce entre Río Sil e rúa Conde é unha das interseccións máis conflictivas do tráfico rodado no casco urbano” explicou Ameijide quen destacou que “coa bidireccionalidade do tramo que propoñemos se reducirase o tránsito de vehículos en rio Sil e ademais  evitaranse manobras incómodas e pouco intuitivas como as que hai que realizar na actualidade”

Con cambios como estes, matizou Ameijide, melloraremos a mobilidade en toda a cidade xa que se se desconxestiona o tráfico nun punto tamén se beneficia ao resto da circulación.

Os populares agardan que a petición sexa apoiada polo resto dos Grupos políticos da corporación xa que se trata dunha demanda veciñal presentada con gran sentido común. A bidireccionalidade que se suxire poderíase adaptar perfectamente á futura rotonda de Paradai “o cambio de circulación quedaría perfectamente integrado ao proxecto”.

Antonio Ameijide lembrou que esta é unha zona de expansión onde, por riba, conflúe o tráfico de dúas das entradas e saídas principais de Lugo polo que reflexiona “se agora o cambio xa é necesario pola intensidade de tráfico que rexistra esta zona, máis necesario será cando se abra o novo acceso por Paradai”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com