O BNG reclama unha ordenanza para o uso das instalación deportivas en Outeiro de Rei

O BNG presentou unha iniciativa para ser tratada no Pleno da corporación de Outeiro de Rei encamiñada a que se redacte unha ordenanza de uso das instalacións deportivas municipais. O voceiro municipal, Xosé Ferreiro, sinalou que “o concello conta, entre outras instalacións, con catro campos de fútbol, un pavillón polideportivo e varias pistas polideportivas”. Neste momento a utilización das instalacións depende de convenios con entidades privadas ou “da vontade do alcalde”. 

“No concello de Outeiro de Rei atopámonos con todas estas instalacións deportivas sen ningún tipo de regulamento coñecido que indique como e de que maneira poden ser utilizados polas veciñas e veciños do concello, dependendo o seu uso do permiso que dun xeito persoal outorga o señor Alcalde para poder utilizalas” afirmou Ferreiro e lembrou que “estas  instalacións foron pagadas cos impostos das veciñas e veciños”.

Para o BNG “é preciso que se saiba con claridade cales son as condicións de uso das instalacións deportivas municipais e para iso hai que dispoñer dunha ordenanza de uso”. O BNG instará ao Alcalde e ao Goberno Municipal para que coa maior brevidade posible elabore ou poña en funcionamento unha ordenanza que regule o uso de todas as instalacións deportivas existentes no concello para que toda a veciñanza poida ter acceso ao uso destas instalacións en igualdade de condicións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com