Alfonso Blanco Torrado, fillo adoptivo de Guitiriz

O crego e activista cultural Alfonso Blanco Torrado recibirá mañá o título de Fillo Adoptivo de Concello de Guitiriz, ás 12.00 horas na igrexa nova de Guitiriz.

No acto, que será conducido polo xornalista Xulio Xiz, actuarán o Gaiteiro Raul Galego, a Banda de música de Guitiriz, dirixida por Abel Riveira Pena e a Coral Xermolos, que dirixe Manuel Vizcaíno. A funcionaria do concello de Guitiriz, Sandra Freire del Valle, por delegación do Secretario, dará lectura do acordo polo que o pleno municipal, por unanimidade, nomea Fillo adoptivo do Concello a Alfonso Blanco Torrado.

A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, promotora da distinción, intervirá no nome do concello, entregando o título ao galardoado, que responderá a continuación. Seguidamente, 16 poetas galegos leerán os seus poemas -todos de 14 versos- na honra de Alfonso. O acto rematará coa interpretación do Himno Galego, polo Coro Xermolos e a Banda de música de Guitiriz.

Ademáis, numerosos autores leerán os seus traballos. Entre eles, Darío Xohan Cabana, Luz Campello, Marica Campo, Lois Diéguez, X.X. Fernández Abella, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé Lois García, Camilo Gómez Torres, Luis González Tosar, María Xosé Lamas, Paco Martín, Mero, Xosé Antón Miguélez, Xoán Neira, Xosé Otero Canto e Xavier Rodríguez Barri.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com