O director xeral de RR.HH. “non pode afirmar” que non se perdan as 31 prazas da EOP 2015

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia o “fracaso” e a “nefasta” xestión da materia de persoal de Lara Méndez á fronte do Concello ao constatar, na comparecencia do director xeral de recursos humanos que non saben se se van a perder as 31 prazas de emprego público publicadas na Oferta de Emprego Público do Concello de Lugo do ano 2015.

Antonio Ameijide afirma que a comparecencia do director xeral de Recursos Humanos foi a “constatación” do fracaso de persoal xa que, pese a que o actual director de persoal leva seis meses no cargo, este é un posto que se creou hai dous anos e medio e que “non serviu de nada” para arranxar os problemas de persoal existentes no Concello de Lugo. O director xeral de recursos humanos non foi capaz de “aclarar” se a OEP de 2015 caducará o 31 de decembro, perdéndose as 31 prazas públicas ofertadas, xa que o director de persoal basea o seu argumentario nunha sentenza xudicial na que se especifica que se as prazas se convocan antes dos tres anos marcados pola lei non caducan as prazas, pero recoñece opinións xurídicas contraditorias que poden desmontar esta teoría.

No referente á RPT, Antonio Ameijide amosou a súa sorpresa e preguntou ao equipo de goberno e ao director xeral de persoal os motivos polos que o sindicato afín ao PSOE, UXT, retirou nesta segunda consulta o seu apoio a nova proposta de RPT de Lara Méndez. “Preguntamos por esta perda de apoios, pero non foi capaz de explicar os motivos desta perda de confianza”, explicou Ameijide.

O voceiro popular tamén denuncia os incumprimentos do goberno local ante a reforma do Reglamento Interno de Persoal xa que “non van levar a reforma ao vindeiro pleno” como lles ordenábamos a través do acordo plenario impulsado polo Grupo Popular, como tampouco están preparadas a día de hoxe as modificacións.

Antonio Ameijide amosou a súa sorpresa ante a resposta do director xeral de recursos humanos ante a posta en funcionamento do sistema de control horario. Segundo o director de persoal, “para o goberno de Lara Méndez non se trata dunha prioridade” polo que non se puxeron a traballar nesta medida, “a pesar de que é unha reivindicación dos propios traballadores” e de que o sistema de control horario está instalado no Concello desde o ano 2008.

Neste senso, o director xeral tamén descoñece se os 120 traballadores municipais aos que lles ordenaron facer horas extraordinarias por enriba dos límites legais establecidos poderán cobrar todas as horas que lles ordenaron facer tanto a alcaldesa como os concelleiros socialistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com