Namorarte asina convenios con Turismo de Trabada para a promoción do destino

A partir do vindeiro mes de decembro, Namorarte, iniciará a labor de comercialización do destino a través das súas plataformas dixitais. Trátase dunha axencia que xa colabora coa Deputación de Pontevedra na promoción turística de diferentes proxectos como Galaicos. Ademais, conta cunha gran experiencia no sector, con referentes especializados en diferentes campos.

Nesta primeira fase, a comercialización do destino, comezará con campañas focalizadas no concepto de Trabada como corazón da Mariña Lucense, baixo o abrigo do Camiño Natural que é un concepto co que xa leva tempo traballando o concello. Todo isto, levarase a cabo en colaboración cos hostaleiros, aloxamentos e empresas de ocio do concello.

Tamén destacar que un dos principais obxectivos é a proxección nacional e internacional durante o 2019. Para ofrecer produtos turísticos a mercados de gran potencial, que ata o de agora non coñecen o atractivo de Trabada. Como punto de partida, en decembro, lanzarase en formato “escapada regalo”, a través da web e con varios colaboradores, a campaña “Descubre el corazón de A Mariña Lucense con los 5 sentidos”.

Todo este traballo é froito dos esforzos levados a cabo dende o concello en materia de promoción, formación e dinamización. Diversas accións do Plan de Dinamización Turística que teñen como obxectivo situar Trabada no mapa turístico, promocionando os seus recursos diversificando. Ademais, permitirá desestacionalizar o fluxo de visitantes. Uns esforzos que servirán para potenciar a demanda turística dunha forma sostible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com