Javier Santín, proclamado candidato do PP á alcaldía de Cervantes

Javier Santín foi proclamado candidato do PP á alcaldía de Cervantes pola presidenta provincial, Elena Candia, hoxe durante unha xuntanza con afiliados, simpatizantes, compañeiros do Partido Popular da comarca da Montaña e de toda a provincia. A máxima responsable popular na provincia destacou neste acto “o compromiso, dedicación e ilusión que xa demostrou Javier Santín á fronte da agrupación dende xaneiro do 2017”.

“O traballo é o mellor aval. E dende o Partido Popular xa temos traballo feito. Dende as nosas responsabilidades nas distintas institucións buscamos que todos os Concellos teñan oportunidades e se beneficien das diferentes medidas, sen exclusión, entre as que a aposta polo noso rural ten un lugar moi destacado”, defendeu Candia.  Pero, a isto hai que engadir “a necesidade dunha enorme forza para traballar, para dotar aos veciños deste municipio da Montaña dun goberno que dea garantías reais de progreso e con Javier Santín estou convencida de que seremos capaces de dar unha resposta axeitada e eficaz ás demandas dos veciños e veciñas”, continuou a dirixente provincial.

Candia incidiu no desexo que move a Santín de “reverter as, en ocasións, inexistentes e noutras desacertadas políticas municipais que están provocando que o concello de Cervantes vaia a remolque perdendo servizos e poboación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com