O Concello de Lugo decidirá en abril sobre a xestión do ciclo da auga

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que o Concello ten previsto decidir no Pleno do mes de abril de como afrontar a xestión do ciclo integral da auga.
Luis Álvarez lembrou que o Goberno local aposta por un modelo de xestión directa, unha vez que tivo que desbotar a creación da proxectada Empresa de economía mixta con maioría de capital municipal como consecuencia da entrada en vigor da nova lexislación estatal de administracións locais.
Luís Álvarez:

Doutra banda, o Goberno local renuncia a pedir o préstamo por importe de 2.800.000 euros previsto nos Orzamentos municipais para este ano, xa que o superávit nas contas do Concello en 2014 permite financiar os investimentos previstos con parte do remanente acumulado.

Así o explicou onte a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, que compareceu xunto co Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local.
Sonia Méndez:

Explicou tamén que a Xunta de Goberno aprobou unha modificación de menor incidencia do Orzamento, pola necesidade de dar cobertura económica das dúas prazas de educadoras sociais.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente informou pola súa parte, de que a Xunta de Goberno Local tamén acordou conceder licenza para a realización dunhas obras previas necesarias, para a construción do ascensor que fará accesible o adarve da Muralla romana no Carril dos Romanos.
Luis Álvarez:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com