O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Concelleira de Igualdade, Ana González Abelleira, o Vicepresidente do CD Lugo, José Antonio Sánchez Goñi, e o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, presentaron o Mundialito pola Integración organizado polo Club Deportivo Lugo coa colaboración do Goberno da Deputación.
O evento, que consistirá nun torneo de fútbol 3×3 e un concurso cultural, reunirá a máis de 250 nenos e nenas de entre 6 e 11 anos da provincia de Lugo. Cada un dos 24 equipos que compitan en cada categoría (prebenxamín, benxamín e alevín) representarán a unha das 24 nacións con máis emigrantes na provincia. O evento terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos os días 23, 29 e 30 de decembro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 14 de decembro.