O BNG vén de celebrar unha nova edición do ciclo de Charlas Feministas que o partido ven programando dende principios do pasado ano en Lugo, neste caso a Xustiza e a Violencia Machista centraron o encontro.
Sobre Xustiza e Violencia Machista. falaron a Maxistrada do social nº 3, Dalila Dopazo, a Fiscal de Violencia Machista, Pilar Fernández, e a edil do BNG en Lugo, Maite Ferreiro. Maite Ferreiro salientou o grande éxito de convocatoria que están a ter estas xornadas por que “queremos que Lugo funcione e para iso temos que construir unha sociedade máis igualitaria na que as mulleres sexan protagonistas das súas propias vidas e da vida da cidade na que viven”.
Ademais, a edil do BNG, confirmou que “Imos continuar programando encontros feministas por que a sociedade demanda información e mobilización neste eido”.