A Deputación inviste 273.000 euros na reforma da estrada de Adai

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves no Corgo un investimento de 272.700 euros para acometer a primeira fase das obras de reforma da estrada LU-P-1602, de San Cristóbal a Adai, saldando así unha débeda pendente cos veciños da localidade.

O actual Goberno provincial tivo que ocuparse de finalizar as expropiacións, ás que destinou 390.000 euros, redactou o proxecto e agora dota de orzamento aos traballos, que se executarán con fondos propios. Isto supuxo que a empresa contratada pedise á Deputación a resolución do contrato, pois non puido executar as obras ao non contar cos terreos necesarios.

O proxecto que agora se acometerá consiste na mellora do trazado dende o comezo da vía ao punto quilométrico 1,540, tramo no que se eliminarán as curvas que presentan máis perigo para os usuarios e suavizaranse outras. Tamén se ensanchará dos 7 aos 8 metros a calzada, incluídas as beiravías; renovarase o firme con dobre capa de aglomerado en quente, o material de máis alta calidade e duración e renovarase a sinalización horizontal e vertical. Todas estas actuacións redundarán nunha importante mellora da seguridade da estrada.

Gómez Besteiro avanzou que a Xunta de Goberno do luns aprobará a contratación desta primeira fase das obras, polo que poderán comezar nun mes e estarán rematadas a finais de ano. O Presidente garantiu que a Deputación continuará co arranxo da vía en vindeiras fases.

Destacou neste senso que a estrada provincial de San Cristóbal a Adai “ten unha importancia fundamental para a vertebración do Concello do Corgo” porque une os numerosos pobos da zona norte do municipio, dende a N-VI, co núcleo do Corgo, e comunica tamén a zona centro e norte da localidade coa capital lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com