O Pleno municipal aproba dúas pasarelas que unan o centro da cidade ao Miño

O BNG levou ao pleno do concello de Lugo unha iniciativa para para unir o centro da cidade co entorno do río Miño dentro do Plan EDUSI. A proposta presentada supón crear dúas pasarelas, unha delas entre o aparcadoiro do Pazo Municipal de Deportes e o parque Marcos Cela e a outra entre este mesmo parque e o paseo do Miño.

Segundo asegurou o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, unha das pasarelas podería financiarse con cargo ao Plan Único e, a outra, podería ser subvencionada polo Ministerio de Fomento, polo que para Lugo, tería un coste moi baixo. O pleno da corporación apropobou esta iniciativa presentada polo BNG.

Noutro eido, o BNG presentou unha iniciativa no Pleno do Concello de Lugo en relación á celebración do día internacional contra a violencia de xénero. A edil Maite Ferreiro defendeu a necesidade de que Lugo conte, o antes posible, cun Xulgado específico de violencia de xénero que teña o necesario persoal especializado.

Maite Ferreiro amosou, durante o debate, imaxes de actos institucionais da Xunta e Deputación adicados ás mulleres nos que “son os homes os que acaparan a imaxe discriminando de facto ás mulleres que teóricamente son homenaxeadas”.

A iniciativa foi aprobada pola corporación sen votos en contra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com