18 anos de Patrimonio da Humanidade

Hoxe, 30 de novembro, é o día de viaxar atrás no tempo. A unha época onde a Muralla de Lugo tan só era dos lucenses. Se botamos a vista 18 anos atrás, poderemos lembrar unha muralla romana rodeada de medio millón de libros, o denominado Proxecto Cumulum, organizado por Luz Darriba e no que participaron numerosos cidadáns.

Tamén poderemos lembrar, como o 17 de setembro do 2000, máis de 5.000 persoas xuntábanse ao redor da muralla para compartir unha gran comida, chamáronlle Comilonum e foi outra das iniciativas coas que se conseguiu que o noso monumento tal día como hoxe puidera ser nomeado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Sen dúbida un título que cambiou a forma de ver e vivir a Muralla.

Hoxe Lugo encheuse ao longo do día de actividades para conmemorar este décimo oitavo aniversario e que arrancaron, como non podía ser doutra forma, cantando, autoridades e alumnos do Colexio Paradai, un forte cumpreanos feliz. 

Pola tarde, ás 17.00 horas, houbo u

nha exhibición de zumba no adarve, nas proximidades da Mosqueira, ás 20.30 horas seis corais da cidade actuaron simultáneamente en varias portas da muralla e, ás 22.30 horas haberá unha solta de pequenos farois dende o adarve da muralla.

Celebración e reflexión

Pero, como sempre, neste día non podían faltar as críticas da oposición. Así Lugonovo reclamaba máis e mellores coidados para a parte da cidade que se atopa ao carón do monumento. A denuncia do Grupo Municipal vai acompañada dunha chamada de atención ao executivo para que, coa maior celeridade, acondicione estes espazos ao tempo que sinala os importantes prexuízos que a falta de conservación está a provocar, incluso, no Turismo. 

“Hoxe é un día de celebración pero tamén debera ser unha xornada na que reflexionar sobre como a administración local está a desenvolver as competencias que ten sobre a protección do patrimonio e a súa posta en valor”, conclúe a portavoz, “unha tarefa que lle cualificamos cun cero”.

Noutro senso, o voceiro do BNG, Rubén Arroxo,  afirmaba que a mellor homenaxe para a Muralla sería liberala do tráfico de vehículos a motor. Arroxo lembrou que no concello de Lugo aprobáronse varias iniciativas presentadas polo BNG para gañar espazo para as persoas no entorno da Muralla pero a realidade, dixo, é que non se fixo nada ata o de agora”. Un dos acordos, aprobados por unanimidade, recollía que no ano 2027 o entorno da Muralla debería estar libre de tráfico de vehículos a motor na súa maior parte. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com