O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Goberno da Deputación renovará as rúas Barreiro, Castaño e Castro. Estas obras, que contan cun investimento de 95.000 euros do Executivo Provincial, consisten na mellora do firme destes viais municipais con aglomerado en quente, excepto na rúa Castaño, na que se utilizará formigón armado.
Con cargo a este investimento tamén se realizarán novas dotacións de saneamento de pluviais e alumeado público nestas rúas.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación defendemos a mobilidade como un dereito máis dos veciños, a igualdade de oportunidades vivas onde vivas. Baixo esta premisa, colaboramos con todos e cada 1 dos municipios da provincia para mellorar dotacións públicas básicas coas que mellorar a calidade de vida