Rubén Arroxo afirma que o BNG non apoiará a Orozco para alcalde

O candidato á alcaldía de Lugo polo BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, afirmou nunha entrevista concedida a Radio Líder Lugo e a XornaldeLugo.com, que se foran necesarios os votos do seu partido para que López Orozco, volvese ser alcalde, o BNG non apoiaría esta opción.

Segundo afirmou Arroxo, o BNG non vai abandonar a liña política seguida ata o de agora no Concello de Lugo. Lembrou que o partido retiroulle o seu apoio ao PSOE no momento en que López Orozco foi imputado pola xuiza Pilar de Lara no marco da operación Pokemon.

Arroxo falou deste e de moitos outros temas de interese nesta entrevista que poderán escoitar íntegramente o próximo luns 23 de marzo, a partires da unha da tarde no 107.6.

Tamén poden vela en formato audivisual na canle televisivo deste diario dixital dende o martes día 24 de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com