A Xunta remata as obras de mellora do firme da estrada LU-212 en Taboada e Monterroso

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de mellora do firme da estrada autonómica LU-212 ao seu paso polos concellos de Taboada e Monterroso, nas que investiu 300.000 euros. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que a obra incluíu o arranxo completo das travesías que cruzan os núcleos de Taboada e Monterroso, o que “mellora a seguridade e a estética de ambas localidades”.

Os traballos desenvolvéronse nun treito de 11 quilómetros -en concreto, dende o quilómetro 0 ao 10,800- o que inclúe ambos termos municipais, e consistiron na rehabilitación do firme naquelas zonas nas que presentaba deterioro estrutural, mediante o fresado e posterior reposición con nova mestura bituminosa en quente en todo o ancho do carril. Tamén se instalou un aforo permanente de espiras para medir a intensidade e características do tráfico e, para rematar, renovouse a sinalización horizontal mediante o repintado de marcas viarias.

Balseiro salientou que o Goberno galego continúa avanzando na programación de obras para manter as estradas autonómicas en bo estado, “porque unhas boas comunicacións diminúen os riscos na circulación e mesmo favorecen a actividade económica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com