Isabel Rodríguez lémbralle a Barreiro que debe presionar á Xunta se quere unha nova Comisaría

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, pediulle ao senador do PP, Xosé Manuel Barreiro, que presione á Xunta de Galicia se realmente quere a construción dunha Comisaría de policía nos terreos do antigo Hospital.

Isabel Rodríguez lembroulle que “todo o mundo sabe xa –mal que lle pese ao PP-” que a Xunta mantén cedidos eses terreos con fins exclusivamente sanitarios, polo que, “mentres o Goberno galego non mova ficha, é imposible facer alí ningún investimento” nin levar a cabo ningún proxecto que non teña uso sanitario.

“Este Goberno non simula a inclusión de investimentos para Lugo nos Orzamentos, nin se desentende dos lucenses”, destacou a subdelegada do Goberno que instou ao senador Barreiro a “deixar de xogar cos intereses dos veciños de Lugo, que xa están moi fartos desa maneira de facer política”.

Isabel Rodríguez tamén remarcou que “o Executivo socialista non vende fume nin maquilla a realidade, os proxectos deste Goberno anúncianse no Boletín Oficial do Estado, como terá ocasión de comprobar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com