4.000 persoas participaron nas actividades na Reserva Terras do Miño

Máis de 4.000 persoas de todas as idades participaron nas actividades que a Deputación de Lugo ofrece de xeito totalmente gratuíto para difundir e poñer en valor a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Así o avanzou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, no encontro dos Órganos de Participación deste espazo natural que se celebrou este martes.

O Vicepresidente destacou que “dende o Goberno da Deputación desenvolvemos ao longo do ano centos de actividades relacionadas co patrimonio natural do que dispomos, un potencial que non podemos desaproveitar. Facémolo para poñer en valor este territorio que conta cun recoñecemento internacional, e dinamizalo tanto a nivel turístico como económico e social os 26 Concellos que integran a reserva”.

Fernández Queipo subliñou que durante 2018 celebráronse máis de un cento de iniciativas nos 26 municipios da Reservada Biosfera Terras do Miño a través de, por exemplo, os Centros de Interpretación de Terras do Miño en Lugo ou o da Casa das Insuas en Rábade, nos que se desenvolveron ducias de actividades para promover o estudo da fauna e flora deste espazo. O Vicepresidente explicou que en cada trimestre participan, de media, unhas 1.000 persoas, nesta programación lúdica e formativa que a Deputación ofrece de balde aos cidadáns.

O Vicepresidente lembrou que preto dun 10% do total de actividades executadas na Reserva desenvolvéronse a través do órgano de participación a proposta das entidades, asociacións e concellos pertencentes á Reserva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com