A Xunta destapará, a petición do Concello, o escudo franquista do IES Lucus Augusti

A Xunta de Galicia destapará, a petición dun requerimento do Concello de Lugo, o escudo franquista que hai na fachada do Instituto de Educación Secundaria Lucus Augusti. A administración autonómica abordou meses atrás unha serie de obras no centro educativo para adaptalo á Lei da Memoria Histórica que pasaron, segundo afirmou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, por tapar o escudo franquista que presidía a fachada do edificio e cuxa retirada fora solicitada en numerosas ocasións.

Segundo afirma a Consellería de Educación, foi o Concello quen informou da apertura dun expediente de reposición da legalidade en base a unha suposta infracción urbanística a raíz dunha demanda formulada pola Policía Local.

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, respondeu a esta información aclarando que, ao tratarse dun edificio catalogado, o Concello entende que non son obras “legalizables” e que, “se queren substituir o escudo franquista por outro escudo teñeno que facer ben”. Piñeiro explica que a Xunta “xa coñecían os pasos a seguir” pois se lles advertida cando intentaron retirar o escudo franquista que hai na fachada da Delegación de Sanidade.

“Dende Disciplina Urbanística, detectouse que a Xunta fixo unha actuación ilegal nunha fachada dun edificio de 175 anos. Non pode ser que nun edificio histórico catalogado se poña un pegote de madeira e escaiola sen licenza e sen autorización”, explicaba Piñeiro quen aclarou que a Xunta ten que solicitar a descatalogación do escudo e pedir as correspondentes licenzas e autorizacións.

Balseiro aseguró que non pretende “polemizar co Concello de Lugo” por este tema e “se quere que os descubramos, descubrirémolos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com