Inician os trámites para a ampliación do polígono do Corgo

O alcalde do Corgo, José Antonio Ferreiro, avanzou que xa están en marcha os trámites que permitirán ampliar o polígono industrial da localidade e, de feito, xa se traballa nun proxecto sectorial que servirá de base para facer realidade este obxectivo.

Así o explicou o rexedor tras manter unha xuntanza co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, na que tamén participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro e o primeiro tenente de alcalde, Felipe Labrada​.

Xunta e Concello estudaran a demanda de solo industrial existente neste momento, tendo en conta que a fase executada no actual polígono xa está toda vendida. Así como tamén efectuarase un seguimento daquelas parcelas non edificadas.

Ferreiro empraza a todas aquelas empresas ou particulares que poidan ter interese en reservar solo industrial neste municipio a que se dixiran ao concello ao obxecto de formalizar a súa demanda.

Tanto Xestur, a entidade autonómica de solo empresarial dependente da Xunta, como o propio Concello dispoñen de terreos que poden ser de utilidade ante futuras actuacións.

O polígono industrial do Corgo, polo seu emprazamento, ben comunicado (na marxe esquerda da Autovía A-6 A Coruña-Madrid) e moi próximo á cidade de Lugo, é unha superficie de solo empresarial que recibiu unha gran demanda ata facer factible unha futura ampliación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com