O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, entregoulle ao Alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda, as chaves do camión de usos múltiples que a Deputación financiou con 119.000 euros. Trátase dun vehículo 4×4 con volquete e con conexión para a cuña quitaneves que o concello empregará para diversas obras e servizos. De especial relevancia serán os traballos de acondicionamento das estradas durante a época invernal, facilitando as comunicacións dentro do concello e cos municipios limítrofes. Este camión súmase no parque móbil municipal á pick-up entregada en 2017 polo executivo provincial.
Fernández Queipo destacou que “é unha aportación moi útil para un Concello extenso, cunha poboación moi dispersa e cun terreo accidentado como é o de Negueira de Muñiz, permítelle xestionar incidencias nas vías durante o inverno así como realizar outros traballos directamente, aforrando custes e mellorando os servizos municipais. Dotámolos de servizos que melloren a súa calidade de vida, para que vivir en todos os municipios da Provincia sexa igual de doado”.