Cs propón prohibir a apertura de casas de apostas nas inmediacións dos centros escolares e xuvenís

O Grupo Municipal de Cidadáns Lugo rexistrou, ao igual que os seus homónimos noutros concellos da provincia, unha proposta ante a regulación dispar entre Comunidades Autónomas e o aumento significativo de salas de xogos en toda España.

Desta maneira, Cs recolle nesta iniciativa a prohibición da apertura de casas de apostas e xogos nas proximidades de centros escolares, institutos e edificios públicos con alto tránsito de menores de idade, a través da modificación na normativa sobre planificación urbanística. Ademais, insta ao goberno municipal a poñer en marcha campañas de concienciación dirixidas tamén aos proxenitores sobre os riscos que entraña o xogo.

“Cada vez mais menores de 18 anos comezan a realizar apostas deportivas, por elo, desde Cidadáns consideramos esencial que o Concello realice campañas de concienciación onde se sinale o perigo destes xogos e se prohíba que o primeiro que vexan os adolescentes ao saír dun instituto sexa unha casa de apostas”, opina a voceira da agrupación, Olga Louzao.

Por iso, o grupo municipal de Ciudadáns Lugo propón ao pleno a traballar na prevención sobre condutas aditivas relacionadas co xogo e apostas deportivas, xa sexan presenciais ou on-line revisando e actualizando a normativa estatal que limite a publicidade en horarios de especial protección, impida a utilización de regalos e bonificacións para atraer xogadores, limite a aparición de referentes infantís na publicidade deste sector e mellore os sistemas de acceso a estas aplicacións. Sendo esencial unha regulación desta publicidade nunha industria que move 45.000 millóns de euros ao ano.

Cabe destacar que, segundo un estudio coordinado pola Dirección General de Ordenación del Juego, a media de idade do inicio nestas actividades no noso país é aos 21 anos, iniciándose no xogo o 36% dos enquisados antes dos 18 anos, e un 20% dos mozos recoñece ter xogado algunha vez entre os 14 e os 16 anos. O xogo estase convertendo nunha das maiores adicións do século XXI, sendo a segunda pola que se demanda máis tratamento. Entre un 3,5 e un 6,3% das persoas que xogan teñen risco de padecer unha patoloxía ao longo da súa vida, o que supón mais dun millón e medio de cidadáns en España.

Por outra parte, segundo a Asociación Española de Empresarios de Salones de Juego y Recreativos (ANESAR) o número de casas de apostas multiplicouse en todas as Comunidades Autónomas, alcanzando as 3.132 en 2017, lonxe das 2.441 rexistradas no 2014.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com