A Asociación Cultural Xaquedrum organiza o II Torneo de Xadrez disparatado, unha iniciativa que se leva a cabo dentro do programa Iniciativa Xoven da Xunta e, para iso, conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Concello de Lugo e diversos medios de comunicación.
Este torneo levarase a cabo na sala multiusos da Nave de Asociacións do parque de frigsa e dará comezo ás sete da tarde, onde se prevé unha participación de 40 mozos. Está aberto a toda a poboación e a inscripción é gratuita e se pode facer ata o día 15 de decembro remitindo un correo electrónico a xaquedrum@gmail.com.
O Xadrez Disparatado é un xogo de cartas que inventaron os rapaces da entidade, dentro da iniciativa Xoven de Xaquedrum. Xógase ao xadrez, pero cada xogador está obrigado a mover a peza que indica a carta. En cada xogada, o xogador colle unha carta, onde lle indica que peza debe mover, ao mesmo tempo, hai cartas especiais onde cambia as normas do movemento das pezas, ou lle permite facer dúas xogadas o elimina unha peza do rival.