Balnearios e mananciais da provincia, distinguidos na guía termal do Eixo Atlántico

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou na reunión do Foro Termal do Eixo Atlántico, que tivo lugar hoxe, co fin de perfilar os últimos detalles para a publicación dunha guía do termalismo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coa que colabora a Deputación.

O Balenario Oca Río Pambre (Palas de Rei), Augas Santas (Pantón), así como os mananciais de San Juan de Lagostelle, ou Pardiñas de Guitiriz, e o de Valdomín, ambos os dous en Guitiriz, son algúns dos recursos termais da provincia que figurarán no texto de promoción do territorio, co fin de impulsar a promoción termal das 34 cidades que conforman o Eixo Atlántico.

Vidal Baamonde subliñou que “dado o alto potencial turístico da auga, é importante que a provincia de Lugo figure nesta promoción conxunta de destinos termais. Lugo ocupa un lugar privilexiado polo seu patrimonio termal e tamén pola súa longa traxectoria histórica dos usos termais da auga, que se remontan á romanización”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com