Lugo daralle a benvida este venres ao Nadal

Lugo recibirá este venres ao Nadal, con distintos actos lúdicos, a partir das 18:00 horas na Praza Maior. O Concello convida aos veciños e veciñas a achegarse a diante da Casa Consistorial para este momento tan máxico e agardado, tanto por adultos como polos pequenos e pequenas da casa. O Goberno ten preparada unha festa de benvida na que gozar dun photocall, no que a cidadanía se poderá facer fotografías e compartilas nas redes sociais co hastag #NadalLugo; e na que ilusionarse co reparto de globos entre os nenos e nenas.

A iluminación de Nadal comezará a lucir esa mesma tarde, na que tamén haberá un acto institucional, ás 18:30 horas. Todos os veciños e veciñas que se achegen, posteriormente poderán deleitar os seus oídos coas panxoliñas do grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música e saborear unha chocolatada final con churros, entre outras sorpesas. O chocolate que se repartirá será sen gluten, e tamén haberá doces sen gluten.

Este ano, Lugo terá 341 puntos de alumeado, un 53% máis que no 2017; entre arcos, rótulos, motivos en farolas, figuras e iluminación do quiosco da Praza Maior e as fachadas do Concello e o Vello Cárcere. Con respecto a anos anteriores, incorpóranse as seguintes localizacións: motivos nas farolas da Avenida Ramón Ferreiro, unha figura na Praza do Camiño Primitivo, arcos en Curros Enríquez, unha bola e rótulos no fondo da Praza Maior, un adorno no pedestal da aguia da Praza de Santo Domingo, o exterior da Praza de Abastos e do Mercado Municipal e a fachada do Vello Cárcere.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com