O Concello saca a contratación novas obras en Santo Graal e Saamasas

O Goberno local vén de sacar a licitación dúas novas obras en barrios: a rehabilitación de firme na rúa Santo Graal, na Piringalla, e a amplicación da rede de abastecemento en Saamasas. O Perfil do Contratante publica hoxe estas dúas obras, enmarcadas no Plan de Barrios do equipo de Lara Méndez, e que contan cun orzamento de licitación de 310.000 euros e 79.000 euros respectivamente. O prazo de presentación de proposicións será de vinte días naturais, é dicir ata o 2 de xaneiro.

As tarefas en Santo Graal consisten en mellorar o firme, pois atópase cun estado superficial inadecuado con múltiples zonas de grietas e pavimento cuarteado. O prazo de execucución dos traballos será de 6 meses. No caso das Saamasas, o Concello dotará a este núcleo da rede de abastecemento municipal xa que actualmente a veciñanza da contorna ten pozos particulares; ampliando deste xeito a rede que existe nas proximidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com