Carballo presentará un Plan de Impulso ao comercio de proximidade

O candidato do PP de Lugo á alcaldía propón a posta en marcha dun Plan de Impulso ao comercio de proximidade cuatrineal baseado en tres liñas estratégicas, que se desenvolverán entre o ano 2019 -2023, e que ten por obxectivo “favorecer o desenvolvemento e a consolidación do comercio de sempre nos diferentes barrios do municipio”.

Nese senso, recalcou que hai que aproveitar as sinerxias do Xacobeo 2021 e, por iso, o primeiro eixo pivotará sobre unha serie de iniciativas relacionadas co Camiño Primitivo destacando a creación dunha liña de axudas para a creación de negocios relacionados co camiño primitivo. O segundo dos eixos deste Plan de apoio ao comercio de sempre é prestar unha especial atención ao comercio do casco histórico xa que “consideramos que este sector contribúe a transmitir ao turista a imaxe do que é Lugo”.

Por ese motivo levaremos a cabo unha mellora da accesibilidade coa posta en marcha dun plan especial de tráfico para facilitar a rotación de vehículos “implantaremos a gratuidade da ORA e ampliaremos as prazas dos aparcamentos municipais”. Tamén crearemos un catálogo de comercios emblemáticos no casco histórico que teña por obxecto a protección e posta en valor do comercio tradicional e que sirva como reclamo turístico y cultural da cidade. Outro aspecto que contribuirá a mellorar a estética do centro é a tan necesaria actualización do PEPRI.

O terceiro bloque de medidas aglutina varios puntos relacionados con axudas municipais directas para o comercio local, formación e reciclaxe ás Novas Tecnoloxías, guías de compras ou apoio ao relevo xeracional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com