Balseiro responde a Santos e acúsao de “desinformar e estar desinformado”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acusou ao secretario xeral dos socialistas lucenses, Alvaro Santos, de “desinformar e estar desinformado” sobre o fondo autonómico de Cooperación Local, un instrumento grazas ao cal o Goberno galego distribuíu preto de 20 millóns de euros entre os concellos da nosa provincia.

“Ata tal punto chega a falta de rigor de Santos, que nin tan sequera acerta nas cifras que manexa. Fala dun fondo de 350 millóns de euros para toda Galicia cando a realidade é que no 2018, este fondo contou con 125 millóns de euros. Retorce as cifras para inventarse un falso agravio aos lucenses”, indicou o delegado.

Balseiro sospeita que a orixe do malestar dos socialistas lucenses está en que eles pensaban que o Plan único da Deputación de Lugo era o único que repartía os recursos en base a criterios obxectivos, “cando a verdade é que eles non inventaron nada” e xa desde máis de dez anos a Xunta realiza este reparto obxectivo a través do Fondo de Cooperación Local.

O delegado tampouco entende que Santos deixe entrever unha crítica ao sistema de reparto do fondo autonómico, e non o entende porque os criterios empregados para o mesmo foron pactados no seo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), entidade presidida por un alcalde socialista. “Santos vai por libre, en contra do proceder dos seus compañeiros de partido”

O factor determinante no Fondo de Cooperación Local é o da poboación do municipio. Por iso, concellos como o de Lugo absorben case o 30% dos recursos, 2,8 millóns de euros mentres que de aplicar o criterio empregado pola Deputación non recibirían máis de 500.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com